Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión do 31 de outubro de 2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do polígono de execución integral AEI-24 de Poeta Pérez Parallé, presentado pola xunta xestora da xunta de compensación da AEI-24, redactado pola arquitecto Carlos Climent Ortiz e que comprende unha superficie de 29.587,67 m, situada no barrio de Canido, co ámbito recollido nos planos ED-02 e ED-05 que constan no expediente, no que se prevé para a súa execución como sistema de actuación o sistema de compensación, segundo acordo do Concello Pleno do 31 de xaneiro de 2002.

Contra a anterior resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio, conforme o artigo 46.1º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa. Poderá non obstante interpoñerse, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que dictase a resolución, conforme a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (artigo 116 e 117), no prazo dun mes, contado así mesmo desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ferrol, 6 de novembro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde