Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2002 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, que ten por obxecto a contratación dunha consultoría e asistencia para a elaboración da actividade estatística índices de vendas de comercio polo miúdo.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico-Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 640.1/3.4.7/03.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto do contrato: realización do traballo de campo, gravación e depuración da información mensual para a elaboración dos índices de vendas de comercio polo miúdo en Galicia dos meses de decembro de 2002 a novembro de 2003.

b) Prazo de execución: dez meses, seguindo o calendario fixado no punto 2 do prego de condicións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 63.500 euros.

5. Garantía provisional: 1.270 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 13 21.

e) Telefax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro do IGE, das 9 ás 14 horas. No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Data: o oitavo día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións. En caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

c) Hora: ás 13 horas.

10. Outras informacións:

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet, no seguinte enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2047.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2002.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística