Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2002 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, tramitación urxente e anticipada, da asistencia técnica de microinformática para o servicio da Consellería de Economía e Facenda en San Caetano durante o ano 2003. (Expediente 25/2002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

c) Número de expediente: 25/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dunha asistencia técnica de microinformática para o servicio da Consellería de Economía e Facenda en San Caetano durante o ano 2003.

b) Lugar de execución: edificios administrativos en San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: o prazo de execución será de 12 meses contados desde o asinamento do correspondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente (anticipada de gasto).

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: corenta e dous mil catrocentos cincuenta euros (42.450 A), IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (849 A).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Domicilio: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Solvencia económica e financeira: informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

Solvencia técnica e profesional: titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do responsable da execución do contrato.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do oitavo día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a estipulada no prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexen esta contratación.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

2º Domicilio: r/ Domingo Fontán, nº 9.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: nesta contratación non será admisible a presentación de variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Xunta de Galicia. Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Domicilio: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó de remate do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde se poden obte-los pregos: www.cixtec.es

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable