Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da explotación do servicio de cafetería do Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo (A Coruña).

A Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 45/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación da explotación do servicio de cafetería.

b) Lugar de execución: Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo (A Coruña).

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-2003, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 600 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Coruña.

b) Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña-15006.

d) Teléfono: 981 18 57 10.

e) Telefax: 981 18 57 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábado, das 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares e na indicada no prego de prescricións técnicas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2089

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama, no mesmo día.

2. Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

3. Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 9.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 25 de novembro de 2002.

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña