Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 554/2002 e tres máis.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a seguir, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador e infórmoo de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde

da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: 554/2002.

Acta nº: 756/2002.

Titular: Luis Couceiro Sánchez.

NIF/DNI: 32762772.

Enderezo: Ronda de Outeiro, 269 baixo (A Coruña).

Materia: traballo.

Data resolución: 29-10-2002.

Resolución: sanción por importe de 60,10 A.

Feitos: na visita do 6-5-2002 a empresa da referencia non dispoñía no centro de traballo do correspondente libro de visitas. Entregada a citación para que achegue o libro indicado, non comparece nin xustifica a súa incomparecencia.

Vulnérase a Resolución do 18-2-1998 da Dirección Xeral da Inspección de Traballo.

Tipificación: falta leve en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 50.3º b) e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 556/2002.

Acta nº: 901/2002 (I) e (II).

Titular: Barcova Promociones, S.L. (II).

NIF/DNI: B-15771363.

Enderezo: travesía de Arteixo, 197-4º dta. (Arteixo).

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 10-10-2002.

Resolución: sanción por importe de 3.005,08 A.

Feitos: na visita do 19-4-2002 á obra de construcción sita en Baiúca, travesía de Arteixo, s/n (Arteixo), comprobouse que os traballadores carecían de cinto de seguridade cando realizaban traballos na cuberta do edificio a uns 15 metros de altura, que non contaba tampouco con protección colectiva. Así mesmo, o acceso á cuberta realizábase por medio dunha escada carecendo de suxeición polo seu apoio inferior.

Vulnéranse o anexo IV parte C 3 a), b) e 12 b) do R.D. 1627/1997 e anexo IV parte C, 5 e) da mesma norma, en relación co anexo I 9.1, 3, 4 do R.D. 486/1997, do 14 de abril.

Tipificación: dúas faltas graves en grao mínimo, tipificadas e sancionables de acordo cos artigos 12.16º f) e 39.2º e 40.2º b), respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Apréciase responsabilidade solidaria da empresa Barcova Promociones, S.L.

Expediente nº: 657/2002.

Acta nº: 870/2002 (I) e (II).

Titular: Barcova Promociones, S.L. (II).

NIF/DNI: B-15771363.

Enderezo: Travesía de Arteixo, 197-4º dta. (Arteixo).

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 10-10-2002.

Resolución: sanción por importe de 1.502,54 A.

Feitos: na visita do 19-4-2002 á obra de construcción sita en Baiúca, travesía de Arteixo, s/n (Arteixo), comprobouse que a escaleira de obra do edificio no tramo comprendido entre o 3º e 4º andar non tiña varanda protectora nos seus lados abertos. Así mesmo, o oco da mesma escaleira, aberto no andar

4º, atopábase desprovisto de toda protección contra caídas.

Vulnérase o anexo IV parte A 11 a) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, e o artigo 188 da O.M. do 28-8-1970.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.16º f) e 39.3º e 40.2º b), respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Apréciase responsabilidade solidaria da empresa Barcova Promociones, S.L.

Expediente nº: 717/2002.

Acta nº: 620/2002.

Titular: ARO 2000 SCP.

NIF/DNI: G-15731763.

Enderezo: Ronda de Outeiro, nº 174-13 C (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 8-10-2002.

Resolución: sanción por importe de 1.502,54 A.

Feitos: o 2-4-2002 visitouse a obra de apertura de gabias na rúa Juan Castro Mosquera, esquina r/ Río Tambre (A Coruña). Comprobouse que os traballadores que manexan o martelo pneumático non levan ningún tipo de protección nos oídos. Así mesmo, a empresa non achega o estudio de ruídos.

Vulnérase o artigo 3 do R.D. 1316/1989, do 27 de outubro, en relación cos artigos 14 e 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.1º e 40.2º b), respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 6 de novembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña