Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2002 pola que se outorga a Jesús Louzao Míguez permiso para a modificación dun centro regulador de crustáceos, no establecemento denominado Restaurante Louzao, S.L., sito en Augadoce-Area, Viveiro (Lugo).

Examinado o expediente iniciado por instancia de Jesús Louzao Míguez (DNI nº 33855495-R), no que solicita permiso para a modificación dun centro regulador de crustáceos no establecemento denominado Restaurante Louzao, S.L., sito en Augadoce-Area, Viveiro (Lugo).

A modificación consiste, segundo a documentación achegada polo peticionario, na incorporación dun depósito de metacrilato de 500 l para incrementa-la capacidade de estabulación.

Tendo en conta que por Orde do 17 de marzo de 1999 (DOG nº 73, do 19 de abril) outorgóuselle a Jesús Louzao Míguez o permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun centro regulador de crustáceos.

Tendo en conta que o expediente se tramitou conforme a dereito.

Tendo en conta o informe técnico-biolóxico que consta no expediente, así como a proposta favorable da Delegación Territorial de Lugo do 4 de xuño de 2002, esta consellería,

RESOLVE:

Outorgar a Jesús Louzao Míguez, con DNI nº 33855495-R, permiso para a modificación dun centro regulador de crustáceos no establecemento Restaurante Louzao, S.L., en Augadoce-Area, Viveiro (Lugo), para o que se lle outorgou permiso de actividade por Orde do 17 de marzo de 1999 (DOG nº 73, do 19 de abril).

A modificación consiste na incorporación dunha nova piscina, de metacrilato, de 500 litros de capacidade, situada a continuación das xa existentes.

As especies que se van estabular son as mesmas que teñen actualmente autorizadas.

A ampliación non modifica a superficie de 20 m que ocupa actualmente o establecemento, nin o resto das condicións do título habilitante.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contecioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o art. 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos