Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 21 de outubro de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se fai público o extravío do xustificante de depósito número 737/2002, para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do xustificante de depósito nº 737/2002 constituído o día 13 de setembro de 2002, en Vigo , por medio de metálico, polo importe de 18.030 euros, e que garante a Microsul España, S.L.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo nesta delegación territorial, con domicilio na rúa de Concepción Arenal nº 8 3º.

Transcorrido o referido prazo sen presentarse, expedirase un novo xustificante que anulará o exemplar orixinal.

Vigo, 21 de outubro de 2002.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA