Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.943

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (423/2002).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do social se segue procedemento nº 423/2002, por instancia de Miguel Ángel Baral Sánchez, contra Galiver Trabajos Verticales, S.L. e outros, sobre prestación, o acto de conciliación e o xuízo están sinalados para o vindeiro día 9 de decembro de 2002, ás 10.10 horas. Cítase en única convocatoria, a empresa Galiver Trabajos Verticales, S.L., que tivo o seu domicilio na rúa dos Concheiros, nº 22 de Santiago de Compostela, e hoxe en paradoiro descoñecido para que, acompañada de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza preente este xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á realización do acto de conciliación e xuízo correspondente.

Advírtese que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral, e fáiselle saber que a copia da demanda está á súa disposición na secretaría deste xulgado. Requírese a demandada para que achegue os seguintes documentos: contrato de traballo e nóminas do demandante e boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ós meses anteriores ó accidente.

Cítase, así mesmo, o representante legal da referida empresa, cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e lle sirva de notificación, citación e requirimento á empresa Galiver Trabajos Verticales, S.L. e ó seu representante legal, expídese este edicto en Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado