Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 09 de decembro de 2002 Páx. 16.938

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 2 de decembro de 2002, dos tribunais IV-F e V-D, cualificadores do proceso selectivo para o acceso ás categorías 35 e 36 do grupo IV e categoría 10E do grupo V do persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia, polo que se convoca para a realización do exercicio de coñecemento de galego.

Na sesión realizada o día 18 de novembro de 2002, os tribunais IV-F e V-D, designados para xulga-lo proceso selectivo de acceso ás categorías 35, 36

e 10E dos grupos IV e V, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, acórdase:

Convoca-los aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo de acceso ás categorías 35 e 36 do grupo IV e categoría 10E do grupo V, para a realización do exercicio de coñecemento do idioma galego, que vai ter lugar na aula número 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2, 4, 15707 Santiago de Compostela, o día 12 de decembro de 2002, ás 10 horas.

Os aspirantes terán que presentarse ás 9 horas 30 minutos co documento acreditativo da súa identidade.

De conformidade coas bases da convocatoria, estarán exentos da realización do dito exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de iniciación.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2002.

Federico Garrido Villa

Presidente dos tribunais IV-F e V-D