Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 11 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica resolución de expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (270/2002 e dous máis).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por esta cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións na orde social correspondentes.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselles que de non interpoñelo no tempo e na forma que procede, deberá aboa-la multa imposta nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova recadación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de facenda correspondente.

Vigo, 11 de novembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Empresa: Cnes. Muíños y Gavilán, S.L.

Domicilio/localidade: paseo de Colón, 20, Pontevedra.

Nº de expediente: 270/2002 645/2002 (AI).

Data resol. deleg. prov.: 7-10-2002.

Preceptos infrinxidos: puntos 12 b) e 3 b), parte C, anexo IV en relación co artigo 11.1º c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro e artigo 15.1º da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2º, 12.16º f), 39.6º e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 1.502,54 A.

Empresa: Aislamientos y Carrocerías, S.L.

Domicilio/localidade: camiño da Feira, 8, Xestoso, Bembrive, Vigo.

Nº de expediente: 280/2002 670/2002 (AI).

Data resol. deleg. prov.: 16-10-2002.

Preceptos infrinxidos: artigos 16, 30 e 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2º, 12.1º, 12.15º, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 3.005,08 A.

Empresa: Parquets Besada, S.L.

Domicilio/localidade: Eduardo Pondal, 60, ent. A, Pontevedra.

Nº de expediente: 437/2002 700/2002 (AI).

Data resol. deleg. prov.: 16-10-2002.

Preceptos infrinxidos: artigos 15, 16, 23, 30, 31 e 37 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 12.1º, 5º e 15º, 3 a) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 3.005,08 A.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE