Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 464/2002.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra, todo isto ó abeiro do establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 464/2002.

Acta: 1052/2002.

Empresa: Ferleva, S.L.

DNI/NIF: B-36160745.

Enderezo: estrada Pontevedra-Vilagarcía de Arousa, km 3,5-Pontevedra.

Materia: laboral.

Proposta de sanción: 300,52.

Documentos existentes no expediente:-Acta de infracción.-Xustificante da notificación.

Vigo, 11 de novembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra