Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 05 de decembro de 2002 Páx. 16.851

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 26 de novembro de 2002 pola que se nomean os vocais compoñentes do Observatorio Galego de Educación Ambiental.

O Decreto 78/2001, do 22 de marzo, polo que se crea o Observatorio Galego de Educación Ambiental establece no seu artigo 3 a composición do Observatorio Galego de Educación Ambiental e no seu artigo 4 o nomeamento dos membros que o compoñen. Este decreto foi modificado polo Decreto 218/2002, do 23 de maio, en virtude non só da nova organización administrativa dos departamentos da Xunta de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente establecida polo Decreto 310/2001, do 17 de decembro, e o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, respectivamente, senón tamén dunha necesaria adaptación deste observatorio á finalidade do asesoramento e do seguimento das actuacións en materia de educación ambiental na nosa Comunidade Autónoma.

Consecuentemente co anterior e trala referida modificación procede nomea-los vocais designados por proposta de cada organización, órgano ou institución.

Por isto, en aplicación do artigo 4 do Decreto 78/2001, do 22 de marzo, polo que se crea o Observatorio Galego de Educación Ambiental, referente ó nomeamento dos seus vocais, e seguindo as modificacións do artigo 3 do dito decreto, recollidas no Decreto 218/2002, do 23 de maio,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar como vocais do Observatorio Galego de Educación Ambiental, segundo o artigo 3 do Decreto 78/2001, do 22 de marzo, polo que se crea o Observatorio Galego de Educación Ambiental, modificado polo Decreto 218/2002, do 23 de maio, as seguintes persoas que a continuación se relacionan:

Pola FEGAMP:

-Como titulares, José Antonio Santiso Miramontes, alcalde de Abegondo, e Pedro Piñeiro Hermida, alcalde de Rianxo.

-Como suplentes, Julio Sayáns Bugallo, alcalde de Campo Lameiro, e José Manuel Pequeño Castro, alcalde de Dumbría.

Pola Universidade de Santiago de Compostela:

-Como titular, José Antonio Caride Gómez, profesor doutor do departamento de Teoría e Historia da facultade de ciencias da educación.

-Como suplente, Rafael Bermejo Patiño, profesor doutor do departamento de Química Inorgánica da facultade de ciencias químicas.

Pola Universidade da Coruña:

-Como titular, Darío Prada Rodríguez, catedrático de química analítica e director do Instituto Universitario de Medio Ambiente.

-Como suplente, Purificación López Mahía, profesora titular de química analítica e directora do departamento de Química Analítica.

Pola Universidade de Vigo:

-Como titular, Pedro Membiela Iglesias, profesor doutor da área didáctica das ciencias experimentais.

-Como suplente, Mercedes Suárez Pazos, profesora doutora da área didáctica de organización escolar.

Pola Sociedade Galega de Educación Ambiental:

-Como titular, Pablo Ángel Meira Cartea, presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental.

-Como suplente, Araceli Serantes Pazos, vicepresidenta da Sociedade Galega de Educación Ambiental.

Polas asociacións protectoras do medio ambiente:

-Como titular, Ramsés Pérez Rodríguez, membro da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega).

-Como suplente, Camilo Ojea Bouzo, membro da Asociación Protectora do Medio Ambiente Oureol.

Polas asociacións sindicais:

-Como titulares, Rosa Arcos Caamaño, representante da UGT, Elvira Cienfuegos López, representante da CIG, Hortensia Álvarez Folgar, representante de CC.OO., e Luis Calviño Pueyo, representante de CSI-CSIF.

-Como suplentes, Miguel Ángel Dono Gómez, representante da UGT, Elvira Patiño Ojea, representante da CIG, José Manuel Rivas Álvarez, representante de CC.OO., e Flores González, representante de CSI-CSIF.

Pola Confederación de Empresarios de Galicia:

-Como titular, José Manuel Seoane García, director do complexo industrial ENCE de Pontevedra.

-Como suplente, José Mª Pérez Parga, xefe de Administración de Persoal e Formación do complexo industrial ENCE de Pontevedra.

Pola fundación pública Escola Galega da Administración Sanitaria:

-Como titular, Mª Montserrat García Sixto, técnica da Escola Galega de Administración Sanitaria.

-Como suplente, Rosa María Hurtado Taboada, técnica da Escola Galega de Administración Sanitaria.

Pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

-Como titulares, Juan Yürs Arruga e José Francisco Serrallé, asesores especiais de Educación.

-Como suplentes, José Víctor Ónega e Jesús Valcárcel López, asesores especiais de Educación.

Pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio:

-Como titular, Carlos Gómez Martínez, subdirector xeral de Enerxía e Recursos Minerais.

-Como suplente, Juan José Iglesias Suárez, xefe do Servicio de Infraestructuras Enerxéticas.

Pola Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

-Como titular, Lino Lema Bouzas, xefe do Servicio de Desenvolvemento Pesqueiro

-Como suplente, Antonio Rodríguez Fernández, técnico de Formación e Proxectos Europeos.

Pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude:

-Como titular, Jaime López Cossío, director xeral de Formación e Colocación.

-Como suplente, Cristina Rubal González, subdirectora xeral de Formación Ocupacional.

Pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente:

-Como titular, Xosé Mª Lago García, subdirector xeral de Espacios Naturais e Biodiversidade.

-Como suplente, Carmen Juliani Aguado, subdirectora xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas.

Pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente:

-Como titular, Mª Begoña Rodríguez Rodríguez, xefa da Sección de Xestión de Residuos.

-Como suplente, Juan Luis Casas López, xefe da Sección Técnica de Solos Contaminados e Fomento de Calidade.

Pola Dirección Xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente:

-Como titular, Juan Valiela Villar, xefe do Servicio de Formación e Información Ambiental.

-Como suplente, Pilar Carreira Nouche, xefa da Sección de Información Ambiental.

Polo organismo autónomo Augas de Galicia:

-Como titular, Ana Ornilla Guillamón, secretaria xeral do organismo autónomo Augas de Galicia.

-Como suplente, Juan Carlos Argüello, xefe da Unidade Técnico Xurídica da Secretaría Xeral do organismo autónomo Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente