De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, (BOE nº 313, do 31 de decembro), de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e téndose intentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se atopan pendentes de notifica-los actos, dos cales o interesado, número de expediente e procedemento, se especifican.
En virtude do anterior, dispoño que os suxeitos pasivos, obrigados tributarios ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán compare
cer no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no boletín oficial que corresponda, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, no lugar que para cada un se sinala, para o efecto de practica-la notificación do citado acto.
Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non comparecer no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Interesado: Vidrios Automáticos del Noroeste, S.A.
NIF: A-36771566.
Procedemento: requirimento resumo anual do IVE 2001.
Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Inspección (URGGE).
Lugar de comparecencia: AEAT Galicia URGGE, rúa Comandante Fontanes, 10-5º, 15003 A Coruña.
A Coruña, 30 de outubro de 2002.
Dolores Sánchez Rodríguez
Xefa da Dependencia Rexional de Inspección de
Galicia