Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.843

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 30 de outubro de 2002, da Dependencia Rexional de Inspección de Galicia, de citación para notificación pola vía de constrinximento.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tribu

taria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, (BOE nº 313, do 31 de decembro), de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e téndose intentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se atopan pendentes de notifica-los actos, dos cales o interesado, número de expediente e procedemento, se especifican.

En virtude do anterior, dispoño que os suxeitos pasivos, obrigados tributarios ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no boletín oficial que corresponda, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, no lugar que para cada un se sinala, para o efecto de practica-la notificación do citado acto.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non comparecer no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Interesado: Grupo de Empresas Álvarez, S.A.

NIF: A-36610590.

Procedemento: requirimiento resumo anual do IVE 2001.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Inspección (URGGE).

Lugar de comparecencia: AEAT Galicia URGGE, rúa Comandante Fontanes, 10-5º, 15003 A Coruña.

A Coruña, 30 de outubro de 2002.

Dolores Sánchez Rodríguez

Xefa da Dependencia Rexional de Inspección de

Galicia