Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2002 pola que se publica a contratación da pavimentación do camiño de Armada, Salcedo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Gober

no. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato: a) Pavimentación do Camiño de Armada, Salcedo. b) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria. Aberto. Poxa.

4. Orzamento de licitación: 75.500 euros, incluído todo xénero de gastos.

5. Garantías: provisional: 1.510 euros. Definitiva: 4% do prezo da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra, Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 16ª do prego. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra, de 8 a 13.30 horas. d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 20 días.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación ás 9 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos: a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de obras, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

Pontevedra, 4 de novembro de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Teniente de alcalde