Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 04 de decembro de 2002 Páx. 16.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO para a contratación do servicio de limpeza.

Aprobado polo Pleno do Concello na sesión realizada o día 25-11-2002 o prego de condicións do concurso para a adxudicación do servicio de limpeza viaria, roza de camiños e corta de arboredo municipal, exponse ó público por espacio de oito días ó obxecto de oír reclamacións. Ó mesmo tempo, anúnciase a licitación que se suspenderá se hai reclamacións ata a súa resolución.

Concurso con procedemento aberto para a contratación do servicio de limpeza viaria, roza de camiños e corta de arboredo municipal.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Miño.

2. Obxecto do contrato.

Contratación do servicio de limpeza viaria, roza de camiños e corta de arboredo municipal.

3. Tramitación.

Ordinaria de concurso público con procedemento aberto.

4. Tipo de licitación.

Non se establece, os licitadores farán figura-lo prezo de forma expresa no modelo de licitación.

5. Garantías.

Provisional: 3.005 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Lugar e prazo: Concello de Miño (A Coruña). Avenida Xeneralísimo, 98, CP 15630 Miño. Teléfono: 981 78 20 06. Fax: 981 78 31 75. No prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia (DOG).

7. Requisitos específicos do contratista.

Os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Lugar de presentación: concello, avenida Xeneralísimo, 98 (Miño), oficinas xerais, Rexistro de Entrada. En horario de 9 a 14 horas, agás os sábados que será de 11 a 13 horas.

b) Prazo: vinteseis (26) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

c) Documentación: a esixida no prego de condicións.

9. Apertura de plicas.

No concello, ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo para a presentación de proposicións. Se este día resultase ser sábado, trasladarase ó seguinte hábil.

10. Gastos.

Serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que se orixinen.

Miño, 26 de novembro de 2002.

Deogracias Romeu López

Alcalde