Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx. 16.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T, C.T. e R.B.T. de Montemeá e Casatolda, no concello de Guitiriz. (Expediente 5/2002 A.T.).

1. Autorización administrativas.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: BEGASA:

Finalidade: mellora-la infraestructura eléctrica existente na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. ó C.T. de Becín e remate no C.T. proxectado de Montemeá, de 1.181 metros de lonxitude, a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón en conductor LA-56.

2. Centro de transformación aéreo de intemperie de Montemeá, de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Montemeá, de 1.500 metros de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións, nesta delegación provincial (edificio administrativo Ronda da Muralla 70, Lugo) e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, as alegacións por escrito que coiden oportunas, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 30 de outubro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 05/2000 Provincia: Lugo

Reelectrificación en Montemeá e CasatoldaTermo municipal: Guitiriz

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

9Monte altoArmando Paz SánchezR/ Orillamar, nº 58, 1º dta.

A Coruña

30,512192

10Monte altoManuel Bernal Montero5-bis-ave Theodore Rou-Sseav 75-116 París (Francia)30,5156

11Monte altoHdos. de José Martínez

Mendoza

R/ Héroes Dezaoito de Xullo, 8

Parga (Guitiriz)

3 e 411392.224

25PradoHdos. de José Martínez

Mendoza

R/ Héroes Dezaoito de Xullo, 8

Parga (Guitiriz)

60,511110

27LabradíoHdos. de José Martínez

Mendoza

R/ Héroes Dezaoito de Xullo, 8

Parga (Guitiriz)

27270