Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx. 16.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/490-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de

utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Tameiga-A Gándara.

Situación: concello de Mos.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 15 kV, de 40 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde a L.M.T. Mos-706, entre os apoios 29 e 30, ata o apoio nº 2 da liña que se proxecta, desde onde continúa en L.M.T. aérea forrada, con conductor tipo PAS-50, de 626 m de lonxitude, ata o apoio nº 10 da liña proxectada, desde onde continúa en subterránea 13 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., rematando no C.T. que se proxecta na Gándara, no concello de Mos, de 160 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 645 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. R.B.T., subterránea, de 25 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. que se proxecta na Gándara.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos propietarios afectados, presentan alegacións os propietarios dos seguintes predios:

Predios 1 e 2. Alegan que a liña atravesa totalmente o monte comunal, polo que propoñen a modificación do trazado para que discorra en paralelo ás pistas existentes no monte comunal e xuntan plano coa modificación. Trasladadas as alegacións á empresa eléctrica, esta contesta que a construcción da liña é necesaria para a boa subministración eléctrica da zona e que o trazado elixido é o único posible debido á existencia de multitude de núcleos de poboación. Trasladada a contestación da empresa ó alegante, este reitérase no primeiro escrito, engadindo que a alternativa proposta non afectaría a ningún núcleo de poboación e consideran que tecnicamente é viable e que, salvo que a liña discorra subterránea, a súa producción forestal será gravemente prexudicada.

Predio 3. Alega que a liña deixa a súa parcela practicamente inservible e solicita a modificación total do trazado ou introducir variacións que fagan que esta discorra pola cabeceira do seu predio, xuntando plano coa variación. Trasladadas as alegacións á empresa eléctrica, esta contesta que a construcción da liña é necesaria para a boa subministración eléctrica na zona e que o trazado elixido é o único posible debido á existencia de multitude de núcleos de poboación na zona e a máis viable tecnicamente, e que calquera alternativa presentada ten que ir acompañada da conformidade dos novos propietarios afectados pola variación. Trasladada a contestación da empresa ó alegante, este reitérase no seu anterior escrito e solicita que, no caso de non ter en conta

as súas alegacións, se expropie a totalidade do seu predio, dado que resultaría inservible para a finalidade a que estaba destinado.

Considerando as alegacións realizadas polos propietarios dos predios 1 e 2 e a apliación do artigo 161 do R.D. 1955/2000, para que se modifique o trazado da liña, non se xustificou que o camiño polo que pretenden que discorra sexa de dominio público, nin tampouco que o trazado da variante non supere nun 10% á lonxitude do de proxecto. Por outra banda, ó non ser recto este camiño non se cumpre o Decreto 3151/1968, que aproba o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión, que indica no seu artigo 4 que se evitarán os ángulos pronunciados no trazado, e por último, que a afección á masa arbórea non melloraría coa solución proposta, xa que dadas as características do camiño, se chega á conclusión de que a proposta realizada non xustifica suficientemente que se evite a afección.

Considerando que nas alegacións formuladas polo propietario do predio nº 3 a súa solución esixiría un cambio de trazado con afección a predios ata o momento non afectados, e un trazado de lonxitude superior ó actual que seguiría afectando en parte o predio e o seu aproveitamento forestal, e que en canto á solicitude de expropiación total do predio por quedar inservible para o uso considerado, a súa extensión segue permitindo a súa explotación racional, sen prexuízo de que a indemnización que se estableza considere calquera dificultade adicional debida á liña.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos II e V do R.D. 1955/2000, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita os bens afectados, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do R.D. 1955/2000, será de vintecatro meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá

interpoñer calquer outro recurso que se xulgue pertinente.

Pontevedra, 30 de outubro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra