Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a constitución da mesa de contratación, con carácter permanente, para a adxudicación dos expedientes de contratación que se tramiten no citado centro, designada por Resolución do 7 de novembro de 2002.

O director-xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la designación dos membros da mesa de contratación, con carácter permanente, para a adxudicación de contratos que se tramiten neste centro, resultando:

Composición.

Presidenta: Dulce García Lemos, directora de Xestión do CHU Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Suplente: Benito V. Gómez Fernández, subdirector de Xestión do CHU Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Vocais:-Representante da Dirección Médica do CHU Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.-Benito V. Gómez Fernández, subdirector de Xestión do CHU Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.-Julio Manuel Díaz Candamio, xefe de Servicio de Compras e Sub. do CHU Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.-Representante da Intervención Territorial.-Representante da Asesoría Xurídica do Sergas.

Suplentes:-Mª Rosario Sanjurjo Silva, Grupo técnico f. adm. (D. Xestión) do CHU Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

-Luisa Cartelle Vázquez, xefa do Servicio de Contratación do CHU Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Secretaria: Luisa Cartelle Vázquez, xefa do Servicio de Contratación do CHU Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Suplentes:-Mª Rosario Sanjurjo Silva, grupo técnico f. adm. (D. Xestión) do CHU Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.-Dolores Rodríguez Ameijenda, xefa de Grupo Servicio de Contrat. do CHU Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

A Coruña, 15 de novembro de 2002.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña