Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 29 de outubro de 2002, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00069-O-2002 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícánselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo/a xefe do Servicio Provincial de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso de alzada ante director/a xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición de recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en cal

quera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390005, e, de non face-lo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro

(BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 29 de outubro de 2002.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00069-O-2002

PO-9825-AT

G.C. de Tráfico

Técnicas Galaicas, S.L.

Pg. industrial Gándaras de Prado, s/n

36400 O Porriño (Pontevedra)

Circular transportando ferramenta diversa así como unha máquina de engraxar, carecendo de autorización administrativa de transportes. Servicio privado.

7-1-2002; 13; PO-8105; 0,500

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

PO-00257-O-2002

M-1414-HF

G.C. de Tráfico

Elkbir Barkaoui

Paredes Casa Marina, s/n

36140 Vilaboa (Pontevedra)

Circular desde Vilaboa a Cambados transportando 45 (corenta e cinco) alfombras de diversos tamaños, carecendo de autorización de transportes. (Leva distintivos colocados no vehículo). Na data da denuncia non lle figura rebaixa de peso en t inspección técnica e en p. de circulación m.m.a. é de 2.145 kg. Servicio privado.

26-1-2002; 9.25; VR-G4.1; 4,800

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

PO-00307-O-2002

V-7983-DZ

G.C. de Tráfico

Abderrahim Khalafi

Avda. Fernández de la Mora, 23-1º

36860 Ponteareas (Pontevedra)

Circular transportando téxtiles, carecendo da tarxeta de transportes. Carece de distintivos de raio de acción. Servicio privado complementario.

8-2-2002; 8.50; N-550; 125,200

O.M. do 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)

Art. 199 b) R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990.

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

120 euros

PO-00906-O-2002

PO-2567-AL

G.C. de Tráfico

Demetrio Soares Araújo

Bravos, 10

36740 Tomiño (Pontevedra)

Circular co vehículo indicado transportando froita fresca carecendo da tarxeta de transportes do ano en curso e anteriores. Manifesta o conductor que a mercadoría transportada é propiedade do titular do vehículo. Servicio privado.

22-4-2002; 18; C-550; 197

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

PO-03573-O-2001

0040-BCZ

G.C. de Tráfico

Francisco Javie Blanco Gaspar

Bertola Ramalleira, 1

36141 Vilaboa (Pontevedra)

Circular transportando electrodomésticos, carecendo do distintivo posterior. Servicio público.

12-11-2001; 22.55; A-9; 137,5

O.M. do 25 de outubro de 1990Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

30,05 euros