Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 25 de novembro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan acordo de liquidación derivado de acta de desconformidade 36/2002/00072-0127 e carta de pagamento pendente de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Manuel Expósito Casas, S.A. e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de liquidación derivado de acta de desconformidade (36/2002/00072-0127) e carta de pagamento pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprazánse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena 30 Pontevedra, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 25 de novembro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado Procedemento

Manuel Expósito Casas, S.A

CIF: 36038495

R/ Fontenla San Xoán

Poio

Taxa fiscal sobre o xogo.

Período impositivo: 2000

Expte.: 1404/2002

Doc.: 000730127

Manuel Expósito Casas, S.A

CIF: 36038495

R/ Fontenla San Xoán

Poio

Taxa fiscal sobre o xogo.

Período impositivo: 2001

Expte.: 1405/2002

Doc.: 000730128

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA