Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.696

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ó curso 2000/2001 convocados pola Orde do 18 de setembro de 2002.

A Orde do 18 de setembro de 2002 (DOG do 27 de setembro), pola que se convocaban os premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ó curso 2000/2001, establecía no seu artigo sétimo 4 que, de acordo coa proposta feita polo tribunal, o director xeral de Centros e Inspección Educativa concedería os premios extraordinarios de formación profesional.

Unha vez realizada a valoración polo tribunal de selección, publicada a acta provisional coas puntuacións obtidas polos candidatos e unha vez resoltas as reclamacións presentadas e vista a acta coa pro

posta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-los premios extraordinarios de formación profesional, correspondentes ó curso 2000-2001, ós alumnos que figuran no anexo a esta resolución.

Segundo.-Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese recorrer, mediante recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o director xeral de Centros e Inspección Educativa, ou impugnar, mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da data da súa publicación.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2002.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

APELIDOS E NOMEFAMILIA/RAMACICLO/ESPECIALIDADECENTRO EDUCATIVO

FERNÁNDEZ BERNARDO, TANIAADMINISTRATIVACONTABILIDADEIES PORTOVELLO, OURENSE

FREIRE LÓPEZ, DIEGOMANTEMENTO E SERVICIOS Á PRODUCCIÓNMANTEMENTO DE EQUIPO INDUSTRIALIES DE CEDEIRA, CEDEIRA, A CORUÑA

GÓMEZ BASANTA, NATALIASANITARIAMINUSVÁLIDOS PSÍQUICOSIES DAVIÑA REI MONFORTE, LUGO

GÓMEZ RODRÍGUEZ, REBECAADMINISTRATIVAADMINISTRACIÓN E FINANZASIES ESCOLAS PROVAL. NIGRÁN, PONTEVEDRA

GONZÁLEZ AMOEDO, ROCÍOELECTRICIDADE, ELECTRÓNICADESENVOLVEMENTO DE PRODUCTOS ELECTRÓNICOSIES PEDRO FLORIÁN. REDONDELA, PONTEVEDRA

LORENZO DÁVILA, ANA MªSERVICIOS Á COMUNIDADEEDUCACIÓN INFANTILIES PORTOVELLO OURENSE

QUINTELA ÁLVAREZ, SALOMÉSANITARIAHIXIENE BUCODENTALCPR SANITEX. VIGO, PONTEVEDRA

REY RICO, MARÍA AMPAROQUÍMICAQUÍMICA AMBIENTALIES CONCEPCIÓN ARENAL FERROL. A CORUÑA

VILA GARCÍA, SABELAINFORMÁTICAADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOSIES FERNANDO WIRTZ. A CORUÑA