Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.695

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de novembro de 2002 pola que se lle concede autorización definitiva ó centro autorizado de danza profesional Mayeusis, de Vigo (Pontevedra), para imparti-las ensinanzas de grao medio de danza establecidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades e, de acordo co artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 23 de xullo), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden estas competencias.

Por resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 13 de maio de 2002 autorizóuselle, con carácter provisional, ó centro autorizado de danza profesional Mayeusis, de Vigo (Pontevedra) a impartición das ensinanzas do grao medio de danza establecidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. O titular deste centro solicita autorización definitiva para a impartición destas ensinanzas.

A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra informa do cumprimento efectivo dos requisitos mínimos que establece o Real decreto 389/1992, do 15 de abril (Boletín Oficial del Estado do 28 de abril), para os centros que impartan as ensinanzas artísticas regradas previstas no capítulo primeiro do título II da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e de que a estructura e planificación académica do centro se axusta ó disposto no Decreto 9/2002, do 10 de xaneiro (DOG do 29 de xaneiro), polo que se establece o currículo do grao medio das ensinanzas de danza e o acceso ós ditos graos.

Cumpridos tódolos trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar para impartir, con carácter definitivo, as ensinanzas correspondentes ó grao medio de danza establecidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, ó centro autorizado de danza profesional Mayeusis, de Vigo (Pontevedra), segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-En cumprimento do que establece a disposición adicional terceira do Decreto 253/1995, do

29 de setembro (DOG do 11 de outubro), o centro autorizado de danza profesional Mayeusis, de Vigo (Pontevedra), queda adscrito, para efectos administrativos, ó conservatorio de danza da Deputación Provincial da Coruña.

Terceiro.-A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo de informe da inspección educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia no centro autorizado, sempre e cando o profesorado proposto posúa a titulación legalmente requirida.

Cuarto.-O mencionado centro queda obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión da autorización cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Quinto.-A presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: rúa Areal, 138.

Código do centro: 36024409.

Titular: Mayeusis, S.L.

Denominación xenérica: centro autorizado de danza profesional.

Denominación específica: Mayeusis.

Número de postos escolares autorizados: grao medio, 90.