Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 02 de decembro de 2002 Páx. 16.694

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 20 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se publica a selección dos premios de debuxos, bandas deseñadas, carteis e relatos curtos, para escolares de niveis non universitarios sobre a educación do consumidor, en conmemoración do Día Munidal dos Dereitos do Consumidor de 2002.

Por Resolución conxunta do 30 de xullo de 2002 (DOG nº 172, do venres 6 de setembro ), a Consellería da Presidencia e Administración Pública convocou premios de debuxos, bandas deseñadas, carteis e relatos curtos sobre a educación do consumidor, para escolares de niveis non universitarios en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, vista a proposta do xurado relativa á selección dos traballos presentados, efectuada segundo o disposto nas bases, polo xurado mencionado na base sexta da citada orde, procede a súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección dos premios concedidos para debuxos, bandas deseñadas, carteis e relatos curtos presentados conforme á resolución conxunta do 30 de xullo de 2002, que se citan no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2002.

Mª del Pilar del Mar Pérez MarsóVíctor Tello Calvo

Directora xeral de OrdenaciónPresidente do Instituto

Educativa e Formación ProfesionalGalego de Consumo

ANEXO

Debuxos, bandas deseñadas e carteis:

-Premio para o mellor cartel ou debuxo colectivo do alumnado de educación infantil:

Sen título, dos alumnos e alumnas de educación infantil do CEIP Antonio Carpintero de Arbo (Pontevedra), dotado con 751,26 euros, dos que 300,50 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico etc., para os gañadores, e 450,76 euros serán para o centro.

-Premio para o mellor debuxo colectivo realizado por alumnos ou alumnas de 1º e 2º ciclo de educación primaria:

Para os debuxos que levan por título: Camaleo camúflase na despensa, de 4º curso de educación primaria do Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo (Lugo), dotado con 901,518 euros, dos que 390,66 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico etc., para os gañadores, e 510,86 euros serán para o centro.

-Premio para a mellor banda deseñada colectiva dos alumnos e alumnas de 3º ciclo de educación primaria:

Fabricámo-los nosos xoguetes, dos alumnos e alumnas de 5º curso de educación primaria do CEIP A Fraga das Pontes(A Coruña) dotado con 901,51 euros, dos que 390,66 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico etc., para os gañadores, e 510,86 euros serán para o centro.

-Premio para a mellor banda deseñada colectiva dos alumnos e alumnas do 1º ciclo da ESO:

Por non se ter presentado ningunha banda deseñada correspondente a este alumnado, o xurado por unanimidade decidiu concede-lo premio ós relatos: Vivo seguro dos alumnos de 2º curso da ESO, do IES Vilalonga, de Sanxenxo (Pontevedra), dotado con 1.051,77 euros, dos que 450,76 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para os gañadores, e 601,01, euros serán para o centro.

Relatos curtos:

-Premio para o mellor relato curto de ficción sobre un tema de consumo para alumnos e alumnas do 2º ciclo da ESO, bachalerato LOXSE, ciclos formativos, formación profesional de 1º e 2º grao, BUP e COU:

Para o relato titulado: A bicicleta de Aldara do que é autora Bianca Cid Bouzas, de 2º curso de bachalerato-CC da natureza e da saúde-Itinerario A, do IES Alfonso X O Sabio de Cambre (A Coruña), dotado con 1.202,02 euros, dos que 540,91 euros se investirán en material didáctico, lúdico, etc. para a gañadora, e 661,11 euros serán para o centro.

Carteis:

-Premio para o mellor cartel presentado por alumnos e alumnas de escolas de arte:

Día mundial do consumidor, do que é autor Narciso Amoedo González, alumno de 2º curso de bachalerato artístico no IES A Xunqueira I de Pontevedra, dotado con 1.202,02 euros, dos que 540,91 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc, para o alumno e 661,11 euros serán para o centro.