Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución das obras incluídas no proxecto de rehabilitación do edificio denominado Concello Vello, na praza de Cervantes nº 5, redactado polos arquitectos Mike Lehmhaus e José Luis Recuna Cuíña.

Tipo de licitación: 275.527,64 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 9 meses contados a partir da data da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Telf.: 981 54 30 33, fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Estudio, r/ Nova de Abaixo nº 19-21, local 2. Tlfno.: 981 59 33 85.

Clasificación: grupo C, subgrupos 4 e 8, categoría d.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría), ás 12 horas, o segundo día hábil seguinte, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde