Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de outubro de 2002, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Álabe-Mareiro.

En cumprimento do disposto no artigo 17.5º do Decreto 80/2000, do 23 de maio, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 17 de outubro de 2002, do que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Álabe-Mareiro.

2º De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o plan eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento do Concello de Ourol queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas