Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Velle-A Batundeira, 2, 32960 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Porto Amieiro.
Situación: San Cristovo de Cea e Vilamarín.
Características técnicas: liña aérea a 20 kV, de 2.180 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 13 da L.M.T a Toubes, e remata no C.T. en caseta existente en Porto Amieiro o que se lle cambia o trafo por outro de 50 kVA, R.T., 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión derivadas do C.T.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que e estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 18 de outubro de 2002.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense