Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 20 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se publica a selección dos premios ás mellores memorias dos proxectos de educación do consumidor na escola, dentro do marco da Rede de Educación do Consumidor e a selección dos novos proxectos presentados por centros educativos que se incorporan á citada rede.

Por Resolución conxunta do 30 de xullo de 2002 (DOG nº 172, do venres 6 de setembro), a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública convocou un concurso para premia-las mellores memorias dos proxectos de educación do consumidor, desenvolvidas dentro do marco da Rede de Educación do Consumidor, e para a selección de novos proxectos presentados por centros educativos de niveis non universitarios que desexen incorporarse á citada rede. Vista a proposta do xurado relativa á selección dos traballos presentados, efectuada segundo o disposto nas bases polo xurado mencionado nas bases 5ª e 6ª da citada orde, procede a súa publicación de conformidade con ela. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección dos premios concedidos para as memorias dos proxectos realizados dentro do marco da Rede de Educación do Consumidor no curso escolar 2001-2002 e maila selección dos centros escolares de niveis non universitarios que se incorporan á citada rede, presentados conforme a Resolución conxunta do 30 de xullo de 2002, que se relacionan no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2002.

Mª del Pilar del Mar Pérez MarsóVíctor Tello Calvo

Directora xeral de OrdenaciónPresidente do Instituto

Educativa e Formación ProfesionalGalego de Consumo

ANEXO

Premios ás memorias:

1. CEIP Ardán.

Localidade: Marín (Pontevedra).

Título do proxecto: Sabemos comprar co euro.

Coordinador: Jesús Portas Ferro.

2. IES Porta da Auga.

Localidade: Ribadeo (Lugo).

Título do proxecto: Unha exemplificación dos microespacios da radio (guións).

Coordinador: Antonio Gregorio Montes.

3. CEIP Santo Estevo.

Localidade: Parga (Lugo).

Título do proxecto: Tres erres fronte ó consumismo: reducción, reutilización e reciclaxe.

Coordinadora: Mª Teresa Maseda Paz.

4. CEIP San Clodio.

Localidade: Ribas de Sil (Lugo).

Título do proxecto: Medioambiente e consumo: repercusións e solucións.

Coordinador: Manuel F. Cao Rodríguez.

5. CEIP Froebel.

Localidade: Pontevedra.

Título do proxecto: Alimentación equilibrada.

Coordinadora: Mª Teresa Couto Nogueira.

6. CEIP Enrique Barreiro Piñeiro.

Localidade: Cambados (Pontevedra).

Título do proxecto: Aprendemos a consumir.

Coordinador: José Piñeiro Fernández.

7. CEIP Lourido.

Localidade: Poio (Pontevedra).

Título do proxecto: Descubrindo incógnitas: a nosa meta o consumerismo.

Coordinador: Manuel Fontán Teso.

8. IES Mugardos.

Localidade: Mugardos (A Coruña).

Título do proxecto: Por unha alimentación globalizada.

Coordinadora: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey.

9. CEIP Santa Rita.

Localidade: Galdo (Lugo).

Título do proxecto: Da semente ó mercado.

Coordinador: José Rodríguez Costa.

10. CEIP Santa María do Castro.

Localidade: Boiro (A Coruña ).

Título do proxecto: Aprendendo a consumir.

Coordinador: Vicente Barreiro Mesa.

11. Colexio Sagrado Corazón de Jesús.

Localidade: Ribadeo (Lugo).

Título do proxecto: Comemos coa cabeza.

Coordinadora: Begoña Sanjurjo Santar.

12. CEE Carmen Polo.

Localidade: Ferrol (A Coruña).

Título do proxecto: Dende o Carmen Polo para o pobo de Ferrol.

Coordinadora: Mª del Carmen Rodríguez Beceiro.

13. CEIP Ramón Otero Pedrayo.

Localidade: Amoeiro (Ourense).

Título do proxecto: Actitudes correctas no consumo alimentario.

Coordinadora: Sara Pérez Pérez.

Centros que se adscriben á rede:

1. IES Viana do Bolo.

Localidade: Viana do Bolo ( Ourense).

Título do proxecto: ¿Sabemos consumir?.

Coordinador: Luis Fernández López.

2. CEIP Seis do Nadal.

Localidade: Vigo.

Título do proxecto: Consumir papel responsablemente.

Coordinadora: Mª José López Otero.

3. CEIP Bergantiños.

Localidade: Carballo (A Coruña).

Título do proxecto: A saúde: un enfoque transversal da educación do consumidor e da educación ambiental.

Coordinadora: Josefina Rey Baldomir.

4. CEIP Verducido.

Localidade: Pontevedra.

Título do proxecto: O neno/a consumidor responsable: 3Rs na vida cotiá dos rapaces na escola.

Coordinadora: Raquel Mera Dios.