Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado número 289/2002, interposto por José Luis Castro Núñez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso Administrativo número un da Coruña, providencia pola que se admite a trámite a demanda tramitada polo procedemento abreviado nº 289/2002, formulada por José Luis Castro Núñez, contra a resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 9 de agosto de 2002, pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Orde do 19 de xuño de 2002, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública