Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.633

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de outubro de 2002 polo que se declara festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra a Semana Santa de Cangas.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 17 de outubro de 2002, adoptou por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

«Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra a Semana Santa de Cangas, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia do Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaracións de festas de Galicia de interese turístico».

En cumprimento do disposto no artigo 28 do devandito decreto ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ó concello correspondente.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo