Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.631

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de novembro de 2002 pola que se autoriza a posta en funcionamento da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo (Lugo).

Coa finalidade de satisface-la crecente necesidade social de coñece-los idiomas europeos e as linguas cooficiais do Estado español, créase polo Decreto 305/2002, do 31 de outubro (DOG do 13 de novembro), a Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo (Lugo).

En consecuencia, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 31 de outubro) e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la posta en funcionamento da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo (Lugo) segundo os datos do anexo desta orde.

Segundo.-Impartiranse as ensinanzas correspondentes os idiomas alemán, francés, inglés e italiano.

Terceiro.-Autoriza-las direccións xerais de Persoal, de Ordenación Educativa e Formación Profesional e de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución desta orde.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Ribadeo.

Localidade: Ribadeo.

Denominación: Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo.

Código do centro: 27020690.

Idiomas: alemán, francés, inglés e italiano.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO