Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.630

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 322/2002, do 14 de novembro, polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito da estrada PO-271, variante de Ponte Caldelas, a prol do Concello de Ponte Caldelas.

O Concello de Ponte Caldelas solicitou a cesión por parte da Xunta de Galicia da estrada PO-271, comprendida integramente no seu termo municipal e en solo cualificado de urbano.

Con data do 16 de setembro de 2002 asinouse o convenio de cambio de titularidade da mencionada estrada entre o alcalde-presidente e o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ratificado polo Pleno do Concello con data do 24 de outubro de 2002.

Conforme o sinalado no artigo 5 da Lei de estradas autonómica 4/1994, do 14 de setembro, tralo acordo entre as administracións afectadas, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de novembro de dous mil dous,

DISPÓN:

Artigo 1º

Apróbase o cambio de titularidade, a prol do Concello de Ponte Caldelas, da estrada de titularidade autonómica PO-271, variante de Ponte Caldelas, sita no termo municipal de Ponte Caldelas, que ten unha lonxitude de 1,1 km, con orixe no p.k. 33+675 da estrada C-531, Xinzo-Vilagarcía de Aorusa e remate no p.k. 0+850 da estrada PO-244, Ponte Caldelas-Soutomaior.

Artigo 2º

Correspóndenlle ó Concello de Ponte Caldelas tódalas actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía cedida.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de novembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda