Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 29 de novembro de 2002 Páx. 16.623

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 6 de novembro de 2002 pola que se crean determinados ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Sanidade e no Servicio Galego de Saúde.

A Constitución española no seu artigo 18.4º dispón que a lei limitará o uso da informática para garanti-lo honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos.

Neste sentido, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, así como toda modalidade de uso posterior deles polos sectores público e privado. Neste marco, é obxecto desta regulación a garantía e protección dos dereitos fundamentais e liberdades públicas das persoas físicas, e especialmente do seu honor e intimidade persoal e familiar.

O artigo 20.1º da devandita lei dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposión xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto a creación dos ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Sanidade e no Servicio Galego de Saúde que se relacionan no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información que, de acordo co artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, deberá indicarse nas disposicións de creación de ficheiros, está contido no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, creados pola presente orde, só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que aterse ó disposto na normativa vixente respecto desta materia.

Artigo 5º.-Órganos responsables da seguridade dos ficheiros.

Serán responsables da seguridade dos ficheiros as persoas ou órganos que, en cada caso, figuran no anexo e ante os que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e cus

todia dos datos lle corresponde ó empregado público que estea ó cargo do ficheiro correspondente.

Artigo 6º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifican, están especificadas no correspondente documento de seguridade.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2002

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de

Galicia-061

1. Historia clínica:

a) Finalidade e usos previstos para o ficheiro.

Datos clínicos do paciente para o seu tratamento e seguimento, xestión da actividade asistencial, actividade docente, producción de estatísticas e investigación sanitaria.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas con determinadas características fisiopatolóxicas. O coñecemento por parte do 061 destas persoas e as súas patoloxías facilita a coordinación e asistencia nunha urxencia.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Enquisa telefónica, historias clínicas do paciente enviadas e autorizadas por el mesmo ou polo seu representante legal.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos de características familiares e persoais: data de nacemento, idade, sexo, características físicas ou antropométricas.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, Nº SS / mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono.

-Datos de circunstancias sociais: afeccións e estilos de vida.

-Datos especialmente protexidos: saúde, relixión, vida sexual.

-Datos de detalle do emprego: datos académicos e profesionais.

f) Cesións ou comunicacións previstas.

-Consellería de Sanidade.

-Organismos oficiais estatísticos.

-Outros organismos sanitarios.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

h) Órgano ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso, oposición, rectificación ou cancelación.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Edificio Usos Múltiples San Marcos s/n.

15890 Santiago de Compostela.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible.

Alto.

2. Servicios e chamadas.

a) Finalidade e usos previstos para o ficheiro.

Datos clínicos do pacente para o seu tratamento e seguimento, xestión da actividade asistencial, facturación, actividade docente, producción de estatísticas e investigación sanitaria.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas que acceden ou son atendidas polo servicio de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

-Enquisa telefónica.

-Formularios.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos de características familiares e persoais: características de aloxamento/ vivenda, datos de familia, idade, sexo, nacionalidade, características físicas ou antropométricas.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, Nº SS/mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono e voz.

-Datos especialmente protexidos: relixión, saúde e vida sexual.

-Datos de detalle do emprego: postos de traballo.

-Datos económico-financeiros e de seguros: seguros.

f) Cesións ou comunicacións previstas.

-Consellería de Sanidade

-Organismos oficiais estatísticos.

-Outros organismos sanitarios.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

h) Órgano ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso, oposición, rectificación ou cancelación.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Edificio Usos Múltiples San Marcos s/n.

15890 Santiago de Compostela.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible.

Alto.

3. Persoal e nóminas.

a) Finalidade e usos previstos para o ficheiro.

Xestión de persoal, contratacións, baixas, retribucións, estatística de persoal, elaboración da nómina e todo o que estea relacionado coa xestión de persoal da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas con vinculación laboral coa Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal.

Formularios.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos de características persoais: estado civil, data de nacemento, sexo, idade, lugar de nacemento, nacionalidade e datos de familia.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, Nº SS/mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono.

-Datos académicos e profesionais: formación, titulacións, experiencia profesional, pertenza a colexios ou asociacións profesionais.

-Datos de circunstancias sociais: permisos, autorizacións.

-Datos económico-financeiros e de seguros: ingresos, rendas, datos bancarios, datos económicos de nómina e seguros.

-Datos de detalles do emprego: categoría/grao, posto de traballo, historial do traballador.

-Datos especialmente protexidos: saúde.

-Datos relativos a infraccións administrativas.

f) Cesións ou comunicacións previstas.

-Ministerio de Economía e Facenda.

-Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

-Organismos oficiais estatísticos.

-Consellería de Sanidade.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

h) Órgano ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso, oposición, rectificación ou cancelación.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Edificio Usos Múltiples San Marcos s/n.

15890 Santiago de Compostela.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible.

Alto.

4. Relacións económicas con terceiros:

a) Finalidade e usos previstos para o ficheiro.

Control das relacións comerciais e económicas con terceiros.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Calquera persoa física ou xurídica con relacións económicas ou comerciais coa Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

c) Procedemento de recollida de datos.

-Formularios.

-Vía telemática.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono.

-Datos económico-financeiros e de seguros: datos bancarios.

-Datos de transaccións: bens e servicios subministrados polo afectado e transaccións financeiras.

-Datos de información comercial: actividades e negocios.

f) Cesións ou comunicacións previstas.

-Ministerio de Economía e Facenda.

-Consellería de Economía e Facenda.

-Consellería de Sanidade.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

h) Órgano ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso, oposición, rectificación ou cancelación.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Edificio Usos Múltiples San Marcos s/n.

15890 Santiago de Compostela.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible.

Básico.

5. Contratación temporal de persoal.

a) Finalidade e usos previstos para o ficheiro.

Confección de listas para a contratación de persoal e publicación destas.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas que solicitan acceso a procedementos de selección de persoal.

c) Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, Nº SS/mutualidade, nome e apelidos, enderezo e teléfono.

-Datos de características persoais: data/lugar de nacemento.

-Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, historial de estudiante e experiencia profesional.

-Datos de detalles do emprego e carreira administrativa: corpo/escala, categoría/grao e historial do traballador.

f) Cesións previstas.

Consellería de Sanidade.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

h) Órgano ante o que se poden exerce-los dereitos de acceso, oposición, rectificación ou cancelación.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Edificio Usos Múltiples San Marcos s/n.

15890 Santiago de Compostela.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible.

Básico.