Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello o prego de cláusulas administrativas que rexerán a contratación das obras de pavimentación camiño Loureiro (Xuviño-Combarro), PAM/03, anúnciase o correspondente concurso con procedemento aberto trámite ordinario.

Tipo de licitación: 77.578,79 A, IVE incluído.

Fianzas: definitiva por importe do 4% do tipo.

Prazo de execución: dous meses, con execución simultánea.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13.30 horas, dentro do prazo de 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP.

Apertura de plicas: na casa do concello ás 13.30 horas do terceiro día hábil posterior ó de remate do prazo de presentación (agás sábados).

Información: no Servicio de Contratación na Secretaría do Concello, teléfono: 986 77 00 01 e fax: 986 77 12 77.

Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 9ª do prego.

Gastos: por conta do adxudicatario, estipulados na cláusula 20ª.

Poio, 29 de outubro de 2002.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde