Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFERO

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: a contratación urxente por este concello da obra denominada sinalización turística e vial de Monfero.

Tipo de licitación: 72.121,45 A.

Prazo de execución: catro meses.

Garantía provisional: dispensada.

Garantía definitiva. 4% do importe de adxudicación.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello, en horario das 9 ás 13 horas, durante o prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio, no BOP ou no DOG, na forma e coa documentación que se indica no prego-tipo de cláusulas administrativas particulares e consonte o modelo de proposición anexo a el.

Apertura de plicas: na casa do concello, ás 14 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, agás sábado.

Anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Información: no Concello de Monfero (teléfono 981 79 38 85).

Monfero, 13 de novembro de 2002.

Andrés Feal Varela

Alcalde