Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

Por decreto da Alcaldía-Presidencia do 17 de outubro de 2002 aprobouse a contratación por concurso mediante procedemento aberto para o arrendamento de material de reprografía para o Concello de Ferrol así como os pregos de condicións administrativas e técnicas que rexerán o contrato. Posteriormente, unha resolución do mesmo órgano con data do 22 de outubro de 2002 procedeu a declara-la tramitación de urxencia.

1. Entidad adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ferrol.

b) Dependencia que tramita el expediente: Organización Interna.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: arrendamento con opción de compra do material de reprografía, o que supón a subministración, instalación, posta en marcha e mantemento de máquinas fotocopiadoras e outro material auxiliar de reprografía.

b) Número de unidades que hai que entregar: 20 fotocopiadoras e 14 dispositivos multifunción.

c) Lugar de entrega: dependencias do Concello de Ferrol.

d) Prazo de entrega: un mes contado desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 222.000 A IVE incluído.

5. Garantía provisional: 4.440 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Enderezo: Casa do Concello. Praza de Armas, s/n.

c) Localidade e código postal: Ferrol 15402.

d) Teléfono: 981 33 67 00 extensión 175.

e) Telefax: 981 35 41 22.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior ó que finalice o prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional segundo a cláusula décimo segunda do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: presentaranse as propostas no rexistro xeral do Concello de Ferrol en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres e os sábados das 9 ás 13 horas durante o prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación (BOP ou DOG). Se coincidise en sábado, domingo ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula décimo segunda do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Concello de Ferrol.

2. Enderezo: Casa do Concello. Rexistro xeral. Praza de Armas, s/n.

3. Localidade e código postal: Ferrol 15402.

4. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: un mínimo de tres meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Enderezo: Casa do Concello. Praza de Armas s/n.

c) Localidade: Ferrol.

d) Data e hora: comunicaráselles ós licitadores.

10. Outras informacións: o expediente de contratación xunto coa documentación técnica poderá ser consultada na sección de Organización Interna na Casa do Concello en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. Para máis información sobre as condicións ás que queda suxeito o citado contrato poderán dirixirse á dita sección a través do teléfono 981 33 67 00 extensión 175.

11. Custos de anuncios: o adxudicatario estará obrigado a paga-los custos da publicación dos anuncios desta contratación.

Ferrol, 22 de outubro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde