Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión do 21 de outubro de 2002, aprobou definitivamente a ordenanza municipal reguladora da publicidade exterior mediante valos publicitarios ou carteis.

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpoñer contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación deste edicto no DOG e na forma establecida no artigo 45 da

Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 24 de outubro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde