Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno na sesión celebrada o pasado día 11 de setembro de 2002, acordou aprobar definitivamente o expediente de estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación do polígono 2 do Plan parcial de Piadela por petición de Jorge Etcheverría López, en representación de Terrenos Piadela, S.L. Contra este acordo poderán interpoñe-los seguintes recursos:

Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó desta notificación.

O anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas, para tódolos propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non puideran ser notificados persoalmente.

Neste sentido e en virtude do artigo 162.5º do R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, Regulamento de xestión urbanística, requírense os propietarios afec

tados que non solicitasen a súa incorporación á xunta para que o realicen no prazo dun mes desde esta notificación, coa advertencia das expropiacións que procedan de acordo co artigo 134 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Betanzos, 14 de outubro de 2002.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde