Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación na sesión celebrada o pasado día 27 de setembro de 2002, acordou aprobar definitivamente o Plan parcial do SAUI-5 de Piadela, por petición de Tojeiro Transportes, S.A. Contra este acordo poderán interpoñe-los seguintes recursos:

Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta notificación.

Betanzos, 14 de outubro de 2002.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde