Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2002, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o proxecto de trazado e estudio de impacto ambiental da nova conexión da N-120, coa PO-331 no Porriño. (Clave: PO-02-008.1).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas, do 20 de setembro de 2002, aprobouse tecnicamente o proxecto de trazado da nova conexión da N-120, coa PO-331 no Porriño. Clave: PO-02-008.1.

De acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, o devandito proxecto de trazado sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que as persoas que o estimen oportuno poidan formular por escrito ante a Dirección Xeral de Obras Públicas as observacións que crean convenientes relativas ás circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da estrada e sobre a concepción global do seu trazado.

Así mesmo, durante este período sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no proxecto de trazado segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, e na Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.

Estando a exposición ó público para estes efectos no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra,

na Dirección Xeral de Obras Públicas e nos concellos de Mos e O Porriño.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2002.

Antonio López Blanco

Subdirector xeral de Estradas