Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 28 de novembro de 2002 Páx. 16.599

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE PONTEVEDRA

EDICTO-CÉDULA de notificación (90/2001).

Nos autos de xuízo verbal civil número 90/2001, que se seguen neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Pontevedra, por ins

tancia de Óscar Álvarez González, contra Luis Veiga Soto, Javier Ares Lorenzo e AGF Unión Fénix, S.A. de Seguros, dictouse sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva, copiadas literalmente o seguinte:

«Sentencia.

Xuíz que a dicta: Indalecio Conde González.

Lugar: Pontevedra.

Data: vintedous de marzo de dous mil dous.

Parte demandante: Óscar Álvarez González.

Avogado: Elías Barros Estévez.

Procuradora: María José Giménez Campos.

Parte demandada: Luis Veiga Soto, Javier Ares Lorenzo, AGF Unión Fénix, S.A. de Seguros.

Avogado: sen profesional asignado, sen profesional asignado, sen profesional asignado.

Procurador: sen profesional asignado, María del Amor Angulo Gascón, sen profesional asignado.

Obxecto do xuízo: outros verbal.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que estimando a demanda formulada pola procuradora dos tribunais María José Giménez Campos, en nome e representación de Óscar Álvarez González, respecto de AGF Unión Fénix, S.A. de Seguros e de Luis Veiga Soto, debo absolver e absolvo os demandados con imposición ó demandante das custas e estimándoa totalmente respecto de Javier Ares Lorenzo, debo condenar e condeno o demandado a que lle aboe ó demandante a cantidade de 70.000 pesetas con imposición ó demandado das custas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 LAC).

O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ó da notificación, limitado a cita-la resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 457.2º LAC).

Así, por esta miña sentencia, o pronuncio, o mando e o asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Javier Ares Lorenzo, esténdese o presente documento para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, dezaseis de setembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA