Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 22 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 80/2002 MAN, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 9 de outubro de 2002, a delegada provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra dictou resolución do expediente sancionador 80/2002 MAN incoado pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5º do referido artigo, notifícaselle a Manuel Otero Cendín para que poida ter coñecemento do seu contido.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 22 de outubro de 2002.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 80/2002 MAN.

Denunciado: Manuel Otero Cendín.

Último enderezo coñecido: lugar de Lougares, 3, concello de Mondariz (Pontevedra).

Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: artigo 2.2º 2) do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria. Artigo 7 do Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

Precepto sancionador: artigo 35 a) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción imposta: 150 euros.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS