De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1ª do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións, e no caso de non presentalas, segundo o artigo 13.2º do dito regulamento 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.
Expediente sancionador Secretaría 290/2002.
Denunciado/a: Galipes, S.L.
DNI/CIF: B15422793.
Último enderezo coñecido: lonxa nova de Ribeira, local 24. Ribeira.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: seiscentos un euros cun céntimo.
A Coruña, 16 de noviembre de 2002.
Mª Blanca García Varela
Delegada provincial da Coruña