Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2002 pola que se anuncia contratación, por concurso público, sistema aberto, da subministración e instalación de equipamento para a instalación dunha aula multimedia da Rede de Aulas Multimedia de Galicia.

Orzamento da subministración: 234.500 euros, IVE incluído, distribuído en 3 lotes e 2 anualidades:

Ano 2002:

Lote 1: 46.000 euros.

Lote 3: 109.000 euros.

Ano 2003:

Lote 3: 79.500 euros.

Prazo de execución: para os lotes 1 e 3, ata o 31 de decembro de 2002.

Para o lote 2, ata o 20 de decembro de 2003.

Fianza provisional: non se esixe.

Forma de tramitación: urxente.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do sétimo día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 5.3 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica e técnica, a establecida na cláusula 5.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a partir das 12 horas do oitavo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas, segundo o punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, Santiago de Compostela; teléfono 981 54 58 83.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contatación no seguinte enderezo da Internet.

http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2045

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo