Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2002 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, da subministración de equipos para o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (lote 1.-Equipo de extracción de graxas, lote 2.-Sistema de purificación de auga, lote 3.-Equipo de análise de nitróxeno).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de equipos para o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (lote 1.-Equipo de extracción de graxas, lote 2.-Sistema de purificación de auga, lote 3.-Equipo de análise de nitróxeno), de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: tres lotes.

c) Lugar de execución: Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia en Mabegondo (Abegondo-A Coruña).

d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 78.175 euros.

Lote 1.-16.807 A.

Lote 2.-28.468 A.

Lote 3.-32.900 A.

5. Garantías.

Provisional:

Lote 1.-336,14 A.

Lote 2.-569,36 A.

Lote 3.-658 A.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación de cada lote.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia, da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 66 74.

e) Telefax: 981 54 66 76.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da

publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará ós oito días naturais, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería, o terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 19-12-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO