Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/316).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.C.T.T., R.B.T. Santa Margarida e A Borrallada.

Situación: Valdoviño e Narón.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x150) mm Al, de 2.595 m de lonxitude, coa orixe en cela do C.T.C. Tuimil, dicorrendo por vías da zona, con entrada e saída do C.T. A Borrallada, que se vai instalar e final no C.T. Santa Margarida, que se vai instalar. Centros de transformación, tipo caseta prefabricada de formigón, de 160 kV na Borrallada e Santa Margarida, con tensión de 20/0,385-0,220 kV, dos que parten redes subterráneas de baixa tensión, con conductor R.V. que se conecta ós existentes. Concellos de Valdoviño e Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e

presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de outubro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña