Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/315).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Cornide-Modia.

Situación: Narón.

Características técnicas: derivada liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 6 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 7 da liña que alimenta o C.T. Redondo e final no novo C.T. Cornide-Modia, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensión de 15/0,385-0,220 kV en Cornide-Modia do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 10 m que se conecta á rede existente. Concello de Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de outubro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña