Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T. e C.T. Gorgullos-C.T. Vilarbó.
Situación: Tordoia.
Características técnicas: reforma da liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, desde C.T. Gorgullos a C.T. A Buba, de 1.334 m de lonxitude, en conductor LA-56. Reforma da liña eléctrica áerea de media tensión a 20 kV, de 1.022 m de lonxitude, en conductor LA-56 entre a derivación o C.T. Raña e a derivación ó C.T. Vilarbó. Concello de Tordoia.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 21 de outubro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña