Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 27 de novembro de 2002 Páx. 16.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/405-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre-

to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trv. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. polígono industrial Vilapouca.

Situación: concello de Forcarei.

Características técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea, a 20 kV, de 554 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor LA-56, desde o apoio C-4500/16, que se colocará na L.M.T. existente no polígono industrial, continuando en subterráneo 266 m, rematando no C.T. que se proxecta no polígono Vilapouca, no concello de Forcarei, de 250 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 17 de outubro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra