Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva de contratatos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición de equipamento de mobiliario clínico para urxencias con destino ó hospital comarcal do Barco de Valdeorras (Ourense), (3 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-02/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de mobiliario clínico.

c) Lote: 3 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 50, do 11 de marzo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: vintecinco mil trescentos sesenta e dous con setenta e nove euros con IVE incluído. (25.362,79 euros, con IVE incluído).

Lote 1: mobiliario clínico diversos servicios: 5.138,66 A.

Lote 2: angarellas e sistema mobilización doentes: 12.080,36 A.

Lote 3: carros diversos servicios: 8.143,77 A.

Adxudicacións:

Lote 1: mobiliario clínico diversos servicios.

Lote 3: carros diversos servicios.

a) Data: 3 de xullo de 2002.

b) Contratista: Hidemar Mobiliario Clínico, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dez mil novecentos corenta e cinco con dezaoito A, IVE incluído (10.945,18 euros, IVE incluído).

Lote 2: angarellas sistema mobilización de doentes.

a) Data: 3 de xullo de 2002.

b) Contratista: Sumcyl, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: doce mil sesenta e dous con trinta e un A, IVE incluído

(12.062,31 euros, IVE incluído).

En cumprimiento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día siguinte á publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos